Redacción 30/07/2020

Rematadas as obras de reposición do céspede sintético das Instalacións Deportivas do Casal

 

O Concello de Salvaterra de Miño notifica que remataron as obras de reposición do céspede do Casal financiadas a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra 2018/2019. Esta reposición, unida á nova pista de pádel tamén recentemente construída, á pista de petanca, ó ximnasio biosaudable e á pista de fútbol sala fan que a instalación deportiva desenrole un potencial deportivo que sexa referente na comarca.

Este campo dará cobertura as Escolas Deportivas, a S.D.Salvaterra, O S.D.Castelo e diversos equipos de veteranos das nosas parroquias, polo que ó redor de 250 persoas gozarán semanalmente deste céspede, de última xeración coa evolución do sistema de riego saíndo do interior do propio tapete. Este sistema de aspersión é moito máis seguro para a práctica deportiva xa que non ten os capuchóns nin os ferros á vista, soamente se ergue o céspede de maneira automática para o regado e volve a baixar o rematar facendo ademais que sexa moito máis áxil e doado.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad