Redacción 30/07/2020

A alcadesa, Nidia Arévalo, visitou onte o CEIP Mestre Martínez Alonso onde será construida unha rampa na zona da grada co obxecto de eliminar barreiras arquitectónicas, mellorando así a accesibilidade.

 

Os cinco colexios públicos do Concello de Mos, CEIP Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos), CEIP Mestre Valverde Mayo (Sanguiñeda), Atín-Cela, Pena de Francia e Petelos, están a ser obxecto de traballos de mantemento e mellora de cara á reapertura dos centros educativos en setembro con motivo do inicio do novo curso escolar.

Onte a alcaldesa de Mos visitaba as instalacións do Mestre Martínez Alonso, acompañada do arquitecto e da aparelladora municipais, para supervisar as necesidades do centro. Entre as melloras que se acometerán no colexio de Castro Mos atópase unha actuación de optimización da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas coa construción dunha rampa habilitada para cadeiras de rodas na zona da grada da pista de xogos do patio de recreo.

Todas estas actuacións nos centros educativos mosenses de Educación Infantil e Primaria son acometidas por operarios municipais. Nos cinco colexios realízanse labores de desbroce exterior, limpeza exterior e interior, e traballos de mantemento.

Ademais, lévanse a cabo accións específicas en cada centro, fundamentalmente orientadas, a maioría delas, á adaptación á nova normalidade educativa derivada da COVID-19. Por exemplo no Colexio de Atín estase a habilitar unha zona de parque para que os cativos poidan saír ao recreo por separado, no interior do edificio estase obrando para comunicar dúas aulas contiguas a través dunha ventana, habilítase tamén a Biblioteca como un aula máis para impartir clase, e arránxase a pista deportiva. Por outra banda, no CEIP Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda acometerase unha pequena reforma interior que permitirá habilitar novos espazos de uso.

Tras a visita realizada hoxe xunto con técnicos municipais a rexedora local mosense declarou a este respecto que “un verán máis, desde o Concello de Mos e en coordinación coa consellería de Educación, estamos volcados na posta a punto dos colexios mosenses para o inicio do novo curso escolar; e neste caso concreto con máis dedicación, esforzo e esmero que nunca, dadas as excepcionais circunstancias derivadas da crise sanitaria da COVID-19. Estamos volcados por elo coa comunidade educativa e cos escolares mosenses, conscientes de que son o futuro do noso municipio polo que é fundamental e imprescindible garantirlles unha formación de calidade con todas as garantías sanitarias, tendo en conta os complicados tempos que corren”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad