O Concello de Salvaterra de Miño empeza os traballos de mellora e mantemento nos Centros Educativos
O Concelleiro de Obras Ernesto Groba visita os colexios cos diferentes operarios para dar inicio as obras necesarias e deixar a punto os diferentes centros Educativos de Municipio, Cra A Lagoa, CEP Carlos Casares, CEIP Infante Felipe e CEIP Chan de Leirado.
As melloras a realizar parten das demandas feitas a final de curso polos diferentes centros. Durante o mes de agosto levaranse a cabo o pintado de aulas, corcheiras, colocación de novo moviliario, revisións de electricidade e fontanería, limpeza de patios exteriores e reparación de zonas de xogo