Redacción 29/07/2020

C21 presentará no Pleno unha solicitude para eliminar tres puntos negros na Estrada PO – 404

 

 

O Concelleiro de C21, José Palacín, defenderá nesta sesión plenaria de xullo unha moción pola cal pide que a Corporación de Tui solicite a Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia a intervención en tres puntos negros do percorrido da PO – 404 a seu paso pola demarcación de Tui.

 

A moción solicita a mellora do tramo entre o Km 3,120 e o 3,250 no seu transcurso polo regato de Paramos onde un valado e unha ponte supoñen un risco para os vehículos e a absoluta interrupción do tránsito peonil, unha segunda actuación se requiriría fronte a Casa Cultural Paramos onde os vehículos circulan a gran velocidade, e unha terceira, a máis ambiciosa, tería como obxecto liquidar o punto negro sito en Baños, en torno a Estación, Colexio O Pelouro e CRA de Caldelas, presentándose un informe de actuacións urxentes.

 

C21 iniciou estas reivindicacións ao abeiro do seu Plan LOITA PO la 404, e se ben o concelleiro do partido liberal recoñece a traxectoria positiva de investimentos da Xunta de Galicia en Tui, tamén faise eco desta necesidade de mellora dunha arteria que percorren os veciños de catro parroquias (Guillarei, Paramos, Baldráns e Caldelas) e que une Tui con Salceda de Caselas e Salvaterra).

 

Palacín afirma sentirse optimista cun posible apoio dos diferentes grupos a esta moción.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad