Un total de 43 persoas de diferentes departamentos contribúen a limpar as estradas e zonas verdes do municipio durante a tempada estival ao tempo que se fomenta a prevención de incendios forestais.
Desde o Concello estanse a intensificar os labores de desbroce e limpeza viaria con motivo do verán. O Concello de Mos conta neste momento con 43 traballadores dedicados a labores de desbroce e limpeza viaria e de zonas verdes. Así o informaron hoxe representantes do Concello, que se achegaron a algunhas das zonas obxecto de limpeza para supervisar os traballos que se están a levar a cabo.
Destes 43 traballadores que manteñen Mos limpo e protexido de lumes forestais, oito pertencen á empresa concesionaria do servizo municipal de limpeza viaria. Catro son traballadores municipais da administración local en plantilla: dous conductores de camión dedicados a desbroce e dous dedicados a limpeza de fontes e marquesinas.
Por outra banda con cargo á liña 3 do Plan Concellos están traballando once persoas que realizan tarefas de limpeza viaria, recollida de residuos e mantemento de parques e xardíns; e con cargo ao Convenio interadministrativo subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Mos para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, contratáronse a 12 traballadores nos postos de Oficial 1ª conductor motobomba (sete), Xefe de brigada (un) e Peóns (catro).
Tamén a través doutra subvención da Xunta de Galicia está a traballar neste ámbito 1 persoa preceptora de RISGA e 2 na brigada contra incendios a través do programa de fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en postos de peón forestal. Por último participan tamén nestes labores de limpeza 5 mulleres contratadas por medio dunha axuda da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia a través dun programa da Secretaría Xeral da Igualdade, que rematan esta semana o seu contrato.