Tras a filtración onte a dous medios de comunicación por parte da Consellería de Sanidade, o Concello porriñés tivo que demandar esta mañá información á mesma, que confirmou os 6 casos que xa están en cuarentena domiciliaria
A Consellería de Sanidade informou esta mañá ao Concello do Porriño da existencia dun brote de Covid-19 con media ducía de positivos. Dende a Consellería comunicaron telefónicamente coa alcaldesa Eva García, -despois de que dende o Concello se demandase información ao respecto- á que confirmaron que o brote está localizado no centro da vila.
Pola información recibida polo Concello, sábese que o primeiro contaxíado foi un mozo que transmitiu a patoloxía a súa noiva e a familiares cercanos de ambos. Todos eles están illados nos seus domicilios e realízase o seu seguemento a través do centro de Saúde, polos médicos de Atención Primaria.
A Consellería informou á alcaldesa que os rastrexadores epidemiolóxicos seguen a investigar se houbo máis contaxios e realizaron unha serie de probas “PCR”, resultados que se agardan coñecer hoxe para determinar se o radio de contaxios foi máis amplo do agardado.
Esta nova non fai máis que vir a recoñecer que non estamos libre do contaxio en ningún lugar, polo que hai que seguir mantendo as precaucións e obrigas de uso de mascarilla, evitando as reunións entre poboación.