Programación cultural do Concello do Porriño “para un tempo novo”
O vindeiro sábado 25, “PRIMEIRO ENCONTRO DE MÚSICAS IBÉRICAS” EN ATIOS.
A Concellería de Cultura e Festas anuncia para o vindeiro sábado 25 de xullo, a celebración do “Primeiro Encontro de Músicas Ibéricas” que terá lugar no Torreiro da Guía, en Atios, a partir das 22 horas, cun aforo limitado a 100 espectadores.
O encontro, chamado “Unha volta polo medio”, reunirá un conxunto de vinte músicos de diferentes partes da península, baixo a dirección de Fran (Grupo Coetus). Ofrecerán un repertorio de músicas de raíz e xunto con eles actuará o grupo de música tradicional Os Penediños de Atios.
A actividade está no abeiro da programación cultural do Concello do Porriño titulada “Para un tempo novo” que está a desarrollarse dende que entramos na “nova normalidade” coas restricións de aforo e observando as pautas sanitarias esixidas.
Lembramos que neste Primeiro Encontro de Músicas Ibéricas tan só haberá 100 cadeiras para outros tantos espectadores.