Redacción 22/07/2020

Dende o pasado domingo o uso da máscara é obrigatoria sempre que se coincida con outras persoas, aínda que exista a chamada “distancia de seguridade”

 

 

A fin de semana das Festas do Cristo saldouse coas primeiras denuncias por non empregar máscara protectora. Garda Civil e Policía Local reforzaron a vixianza no municipio por mor das festas, e deste xeito producíronse as primeiras denuncias vinculadas ao uso da máscara protectora.

 

Dende o pasado domingo o uso da máscara é obrigatoria sempre que se coincida con outras persoas, aínda que exista a chamada “distancia de seguridade”. O equipo de goberno valorou dun xeito moi positivo o comportamento en xeral da veciñanza nos eventos organizados con motivo das festas do Cristo, nos que a poboación cumpriu as normas con seriedade, garantindo deste xeito a seguridade. Sen embargo, conscientes de que existen persoas que seguen a saltarse a norma, as forzas de seguridade fixeron unha especial vixianza, sancionando naqueles casos nos que foi preciso, como no caso dunha traballadora dun local de hostalería que atendía ao público sen empregar a máscara.

 

Na mesma fin de semana, a Policía Local persoouse nunha festa privada nunha vivenda do casco urbano, ante as chamadas da veciñanza polos ruídos ata altas horas da madrugada que se viñan producindo ultimamente.

 

Loli Castiñeira: “Para unha convivencia pacífica é imprescindible o respeto entre as persoas. Todos e todas temos que cumprir coas regras para acabar con esta pandemia. Non se pode ter un policía por cada persoa, e é preciso concienciarnos do problema e aportar o noso granciño de área individual en beneficio do colectivo”.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad