Redacción 19/07/2020

A Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia ven de concederlle ao Concello de Mos unha subvención para o CIM.

 

O Concello informou o venres de que a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia ven de concederlle ao Concello de Mos unha subvención por importe de 24.206,05 euros, dentro do programa para a promoción da igualdade e a non violencia no municipio durante o ano 2020. O programa de apoio ao Centro de Información á Muller, CIM, de Mos, inclúe a continuidade da prestación dos servizos de apoio e asesoramento xurídico e psicolóxico, e o importe da axuda autonómica concedida ascende a 24.206,05 euros

Esta cantidade irá destinada ao CIM, que conta con un horario de atención psicolóxica todos os luns e mércores, de 09.00 horas a 14.00 horas, e atención xurídica os martes e venres de 09.00 a 14.00 horas e os xoves de 15.30 horas a 20.30 horas; de maneira que o centro estará aberto de luns a venres. O teléfono para pedir cita é o mesmo que o do departamento municipal de Servicios Sociales, o 986337278

O Centro de Información a Muller organiza ademáis proxectos e actividades sobre igualdade e prevención e tratamento da violencia de xénero, campañas de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e violencia contra as mulleres.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad