Campaña de promoción do comercio local
O Concello de Salvaterra de Miño presentou onte da man das Asociación de Comerciantes Unes e Aces, a plataforma subvencionada de apoio ao comercio local Dbarrio.com.
A intención das asociacións e do Concello é modernizar o sector e potenciar as ventas online a domicilio de comercios e restaurantes locais.
A esta iniciativa sumáronse máis de 35 establecementos de todo tipo: xoierías, supermercados, carnicerías, zapaterías, restaurantes, tendas de informática, pinturas ou telefonía, entre outros.
O propósito de todos os sectores de comercio é ter todas as webs operativas en menos de dúas semanas e poder continuar vendendo ao marxe de futuros rebrotes do Coronavirus, nun intre no que moitos dos seus clientes prefiren saír o menos posible das súas vivendas.
Os taxistas de Salvaterra de Miño tamén se puxeron ao servicio do proxecto, axudando cos repartos dos pedidos a unhas tarifas moi competitivas. Ademais de axudar ao pequeno comercio e ás persoas en risco coas súas compras, pensan que pode ser unha fonte extra de ingresos que tanto precisa o sector.
Dbarrio ofrece aos negocios asociados unha web de venta online con TPV e publicidade por 80€/ano. No caso de Salvaterra de Miño, este custo é asumido polo Concello na súa totalidade dentro da liña de apoio ao comercio local.
O Concello e as Asociacións de Comerciantes apostan por esta plataforma xa que se pode comprobar o éxito do seu emprego noutras localidades galegas, a súa recente expansión a outras comunidades autónomas e pola súa labor social, tanto no mencionado apoio ao comercio local coma a doazón do 5% da súa facturación ás asociacións sen ánimo de lucro elixidas polas tendas e restaurantes asociados.
Dbarrio comezou a súa actividade en Vigo, dende a que cedo colleu impulso a outras cidades galegas, como é o caso de Salvaterra De Miño, da man das asociacións de comerciantes e concellos preocupados pola situación do pequeno comercio. Tamén se atopan nesta situación concellos como Gondomar, Nigrán, Baiona, Salceda, Vimianzo… Dende Dbarrio afirman que chegaron tamén a acordos con concellos de Madrid, Catilla e León e ter moi avanzadas as negociacións con outros de Cataluña e Cantabria. Contan con máis de 8000 usuarios e 600 negocios rexistrados.
O seu obxectivo é mellorar a actividade socioeconómica dos nosos barrios, pondo en contacto aos negocios e repartidores locais con clientes solidarios que prefiren aos pequenos comercios e restaurantes locais fronte ás grandes superficies e multinacionais de venta online. Semella que o están a conseguir. Dende hoxe é máis doado mercar a domicilio en Salvaterra de Miño.