Redacción 17/07/2020

José Palacín, solicita a reparación da rexilla que protexe o ventilador do aire acondicionado da Área Panorámica

 

 

O Concelleiro de C21, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada a inmediata reparación da rexilla protectora do ventilador que se atopa no motor do aire acondicionado da Area Panorámica.

 

Dita rexa protectora, que se atopa nunha caixa no exterior, pola cara que da a Rúa Ourense, presenta un aspecto deplorable, e ao estar a baixa altura, supón un serio perigo para os nenos, porque se algún metera a man, esnaquizaría os dedos.

 

C21 pide a reposición da rexilla, e si é posible rodear tamén o artefacto cunha protección.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad