” Vive Nigrán” abre a temporada Fest Galicia 2020, que este verán acolle 13 festivais de música co apoio da Xunta
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, visitou este mediodía os preparativos da montaxe do festival Vive Nigrán, o primeiro en celebrarse dos 13 que conforman o programa FEST Galicia para 2020 e que contan cun apoio económico de 400.000 euros por parte Xunta para os concertos e accións que levarán a cabo durante todo o verán.
Acompañado por Juan Rivas, director do festival, Jacobo Sutil percorreu o novo recinto do evento nas pistas de tenis das dunas de Gaifar, próximo a Praia América, no que hoxe pola tarde e maná sábado se desenvolverá Vive Nigrán 2020 Picnic-Club Edition, un formato reducido e adaptado á nova realidade, cos recitais de Annie B. Sweet e Rufus T. Firefly, e outras actividades. Ademais do Vive Nigrán, forman parte de FEST Galicia este ano Sinsal Litoral SON Estrella Galicia, Festival 17º Ribeira Sacra, MicroSonRías, Atlantic Fest/FestGalicia Xacobeo 2021, Resurrection Fest 2020 Online Edition, Revenidas en conserva, WOS Talks X FEST Galicia, Cantos na Maré/Compostela na Maré, Underfest SON Estrella Galicia, Festival de la luz/Reencientros de la luz, Noites de Caudal e PortAmérica/Talento galego para levar.