O espazo da Sala Rebullón, en Tameiga, acollerá o ciclo “Máis que blues” o sábado, e Pedro Meixoto actuará hoxe.
Hoxe actuará na Sala Rebullón o consagrado cordofonista portugués Luís Peixoto. Despois de formar parte e acompañar innumerables grupos e artistas como Madredeus, Ana Bacalhau Dazkarieh, Assembly Point, Anxo Lorenzo Band ou Kalakan, en 2017 lanzou, en solitario, o traballo que tivo máis recoñecemento, Assimétrico, onde elementos electrónicos xúntanse ao acústico dos cordófonos tradicionais.
Centrándose principalmente na mandolina, neste concerto Luís Peixoto faise acompañar de Hugo Franco (Guitarra) e María Jorge (Violín). Sempre buscando novos camiños musicais, e continuando a súa carreira en solitario, 2020 é o ano no que nace “Geodesia”. En formato de trío acústico, o novo disco é unha viaxe polo repertorio tradicional portugués da man de composicións propias.
Por outra banda, mañá, sábado 18 de xullo, actuarán Marcos Coll, xunto con Bakin Blues Band e The Fabulous Resaca Brothers. Será a partir dás 22:30h ná Sala Rebullón, onde os asistentes poderán gozar dun concerto de blues galego; nunha noite onde os sonidos do Delta do Mississipi sonarán con forza no Territorio Cultural As Pedriñas.
A Asociación Cultural River Bucks tivo que mudar a última hora a lugar do evento por problemas loxísticos e finalmente será a Sala Rebullón quen acolla este evento único en Galiza. A entrada terá un custo de 10€ anticipada e 15€ na billeteira. O aforo será limitado e garantizarase a distancia de seguridade en todo momento. Ademáis, será obligatorio o uso de máscara para acceder ao concerto. As entradas anticipadas poderán adquirirse en ataquilla.com poidendo reservarse enviando un correo a riverbuckscultural@gmail.com ou enviando un whatsap ao número 600546008 tendo que ser confirmada pola organización.