Redacción 16/07/2020

Os empregados foron recibidos hoxe no Concello polo goberno local. O dispositivo componse de 4 operarios, un xefe de brigada e 7 condutores e estará operativo ata o mes de outubro.



Mos dispón xa durante o verán dun dispositivo local de loita contra incendios formado por 12 persoas. As contratacións do persoal foron posibles grazas ao convenio asinado coa Consellería de Medio Rural e estará formado por 4 operarios integrantes dunha brigada forestal, un xefe de operativo e 7 condutores para os vehículos motobomba.

O servizo estará operativo ata o mes de outubro para realizar funcións de prevención e defensa forestal, reforzando o xa existente Servizo Municipal de Urxencias e contando en todo momento coa colaboración dos integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos. O concelleiro de Medio Ambiente e Urxencias, Leo Costas, destacou a importancia deste dispositivo de loita contra incendios que cualificou de “vital”, aínda que tamén incidió en que é preciso “concienciar á cidadanía para reducir desde o primeiro momento o risco dun lume, xa que o monte é patrimonio de todos”. Neste sentido insistiu en potenciar a prevención, a vixilancia e disuasión para que os montes mosenses non sexan vítimas dos incendios forestales nun verán que se prevé moi seco.

Desde o Concello insisten en transmitirlle á cidadanía a importancia que ten que se manteñan os montes e as leiras limpas de maleza e de especies de árbores prohibidas en devanditas zonas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad