Este ano ofertase dietética, inglés e fotografía
Como todos os anos comezan os cursos de verán. Este ano máis que nunca o Concello considera que cobran máis importancia pola situación que estamos padecendo por mor da pandemia, dende o Concello consideran que teñen a obriga de facer esta crise sanitaria máis levadeira, se cabe, permitindo alixeirar e simplificar os problemas de convivencia cun virus de esta magnitude. É por este motivo expoñen para este periodo estival medidas de lecer alternativo.
Consideran, asi mesmo, que as novas tecnoloxías están aquí para axudarnos e para facilitarnos ao mesmo tempo a nosa vida, de modo que agora debemos atopar nelas un vehículo de comunicación para poder chegar ás persoas en base ás restricións coas que contamos.
Se é posible dalgunha maneira xerar certo alivio, desviar e diversificar a atención cara as actividades máis pracenteiras que ao mesmo tempo nos permita desconectar do foco de atención do momento e descargar un pouco de estrés aos proxenitores… ese é o propósito!!
É por todo iso, agora máis que nunca o Concello desexa ofertar estas opcións para facer a vida máis doada ós seus veciños neste difícil e delicado momento.
As inscricións se farán vía sede electrónica na web do concello do 22 de xullo ao 3 de agosto: https://concellodesalvaterra.sedelectrónica.gal/info.O