Redacción 15/07/2020

COGAMI inicia en Vigo curso de auxiliar de servizos

O alumnado procedente de Vigo, Porriño, Mos, Salvaterra e Tui, participa nesta formación que se enmarca dentro programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo.

COGAMI inicia un curso de Auxiliar de Servizos que se imparte en Vigo, no que se están a formar 15 persoas.

Este curso é unha das accións que contempla o programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo, co fin de acadar a empregabilidade das persoas con certificado de discapacidade ou con incapacidade laboral para a profesión habitual.

Cunha duración de 75 horas lectivas, en horario de mañá, esta formación ten como finalidade facilitar o acceso ao mercado de traballo, tanto se é por primeira vez como para conseguir unha reciclaxe profesional para aquelas persoas que a necesiten.

O alumnado, procedente de Vigo, Porriño, Mos, Salvaterra e Tui, con idades entre os 29 e 60 anos, asiste ás clases presenciais para ás que se lles dota de medios de protección e seguridade ante o COVID-19. Ata o 29 de xullo terán que familiarizarse e asimilar os contidos que se impartirán sobre atención ao cliente, servizos auxiliares ou recepción de chamadas.

Unha vez finalizada esta actividade do programa Máis Emprego, realizarán un seminario complementario no que aprenderán ferramentas e técnicas a empregar para a busca de emprego.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad