Redacción 14/07/2020

Salvaterra de Miño é dos primeiros Concellos de Galicia en habilitar, dende o Departamento de Servizos Sociais, unha liña de axudas valoradas en 75,00€ que están destinadas á adquisición de libros e material escolar de infantil para o curso 2020-2021

 

O obxecto destas axudas é promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos, entendendo por tales a adquisición de libros e material escolar, dirixido a alumn@s dos cursos de Educación Infantil matriculad@s nos centros escolares deste municipio.

O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 12 de xullo ao 28 de agosto de 2020, ambos inclusive. Os interesados deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación en Servicios Sociais, martes, mércores e xoves de 09:00h a 13:00h, previa cita telefónica no 697 911 050. Mais información, bases e modelo de solicitude en www.concellodesalvaterra.com.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad