Redacción 14/07/2020

A Consellería do Medio Rural aporta ao Concello de Mos máis de 35.000 euros para realizar a obra.

 

O Concello de Mos informa de que ven de ser concedida unha subvención do Plan Marco –Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2020/2021 da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader. Esta axuda permitirá acometer o proxecto de mellora da seguridade viaria no Camiño de Quiringosta, Zapateira, parroquia de Mos, tendo en conta que ten un orzamento total de 42.769,87 euros, sendo o importe da subvención autonómica concedida de 35.347 euros e a aportación do Concello de 7.422,87 euros.

Deste xeito o Concello de Mos e o equipo de goberno local continúan dando pasos na súa folla de ruta e manteñen o seu obxectivo de realizar unha batería de asfaltados ao ano, que forman parte do Plan Anual de Mellora de Viais Municipais. Preténdese así que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria. É por e para elo o Concello pon en marcha periódicamente o seu Plan Anual de Mellora de Viais Municipais, acometendo unha batería de asfaltados de estradas e camiños.

A mellora da seguridade viaria a través de reposición do firme faise necesaria neste vial que será optimizado póximamente.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad