Amais o domingo incautouse de varias de doses de sustancias estupefacientes nun vehículo
Esta fin de semana a Policía Local de Tui detivo a un condutor por agresión a un axente.
Os feitos tiveron lugar o sábado pola tarde cando axentes da Policía Local deron o alto a un varón por conducir de forma errática, o que fixo sospeitar que podería conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Ao realizarlle a proba de alcoholemia cun alcoholímetro indiciario deu unha taxa que cuadriplicaba a taxa legalmente permitida. Por este motivo o acompañaron ás dependencias policiais para sometelo á proba no etilómetro regulamentario. Nese momento o detido negouse a someterse á proba e comezou a agredir a un dos axentes. Por este motivo procederon a súa detención por un presunto delito de atentado contra un axente da autoridade, e investigado por un delito de condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas, negándose a someterse ás probas de detección de alcohol.
Amais o domingo a última hora da tarde Policía Local incautouse de varias de doses de sustancias estupefacientes nun vehículo. O condutor foi denunciado administrativamente ao dar positivo na proba de drogas.