Redacción 10/07/2020

Prestarase atención a tódolos elementos que poidan interferir nas votacións con patrullas fixas e móbiles, para garantir a seguridade dos electores e das instalacións electorais no 12 de xullo

 

 

 

A Delegación do Goberno en Galicia colabora coa celebración da xornada electoral do próximo domingo a través do dispositivo de seguridade, que mobilizará a 6.866 axentes en toda Galicia. O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, comprometeu a maxima cooperación ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha reunión que mantiveron o pasado mes de xuño para pechar este dispositivo, que supón unha achega de 416.337 euros por parte do Goberno Central.

 

Do total de axentes que despregarán o domingo, 3.791 corresponden á Garda Civil seguida do Corpo Nacional de Policía, que aportará 2.001 efectivos. Contarase tamén con 927 axentes de diferentes policías locais e 147 membros da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma.

 

Este dispositivo será o encargado de garantir que a votación se faga con garantías e sen incidentes. Para iso combina o despregamento de patrullas fixas e móbiles que comprobarán as instalacións de votación e os seus entornos. Ademais, complétase coa vixiancia de infraestruturas críticas, como as que garanten os suministros de luz e redes de comunicación, evitando que calquera incidente poida alterar a xornada electoral, dende antes da apertura dos colexios ata despois do reconto.

 

En canto á organización do mesmo, as Subdelegacións do Goberno nas provincias son as encargadas de adaptar a distribución dos axentes no seu territorio, adaptándoos ás circunstancias propias de cada un deles.

 

 

 

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad