Redacción 08/07/2020

Pasa de ter 3 vehículos (2 coches e 1 moto) a 5 coa actual incorporación dun ‘suv’ mediante renting e dunha furgoneta de atestados subvencionada pola Consellería de Presidencia, Admninistracións Públicas e Xustiza.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o Xefe da Policía Local, Gerardo Álvarez, informaron hoxe da renovación e ampliación do parque móbil policial con dous novos vehículos. Un deles estará xa patrullando por Mos nun prazo aproximado de dúas semanas e trátase dun coche modelo ‘Suv’ que se financia con fondos propios do Concello mediante un renting. O Concello non especifica os custos totais do alugueiro deste vehículo. 

O outro trátase dunha furgoneta totalmente equipada para atestados, que conta con subvención, recentemente concedida, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. A axuda autonómica concedida para a adquisición deste furgón de atestados ascende a 31.832,52 euros.

É un vehículo ECO eléctrico que cubrirá as necesidades operativas e de autonomía da Policía, posto que debido á gran dispersión poboacional pode ter que realizar ao día máis de 400 quilómetros para atender as diferentes necesidades e denuncias veciñais. Polo que precisaban dun vehículo de baixo consumo.

O vehículo está dotado dunha oficina ambulante na cal poder redactar atestados sobre verteduras, distancias de malezas…. cun posto de oficina formado por un asento para o axente redactor do atestado cunha mesa, así como unha parte reservada para, ou ben o denunciante ou ben o denunciado, dependendo das peculiaridades de cada actuación. O posto do axente estará provisionado cun equipo multitarea e unha impresora, así como dos habitáculos e espazos necesarios para poder levar os diferentes útiles, non só de oficina senón tamén todos os necesario para levar a cabo todo tipo de medicións e comprobacións.

A Policía Local de Mos, dispón xa de 2 coches policiais e 1 motocicleta (tamén subvencionada pola consellería de Presidencia da Xunta xunto con outro dos 2 coches cos que xa conta a Policía) cos que se realizan as tarefas de vixilancia.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad