Redacción 06/07/2020

Establécense unha serie de medidas preventivas. Terá unha capacidade como máximo do 75%

 

 

A Biblioteca Municipal de Tui recuperou esta mañá o seu horario de apertura de mañá e tarde e o funcionamento de todos os servizos bibliotecarios.

Dende hoxe a Biblioteca tudense volve contar co servizo de préstamo e devolución de obras; consulta, lectura e estudo en sala; información bibliográfica e bibliotecaria; préstamo interbibliotecario e intrabibliotecario; colección en libre acceso; hemeroteca; actividades culturais presenciais e dixitais e información e referencia presenciais.

Establécense unha serie de medidas de prevención e funcionamento para un normal funcionamento do servizo e unha axeitada prevención sanitaria. Así as persoas usuarias e o persoal deben seguir as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade covid-19, así como a propia exposición aos estes riscos:

A distancia interpersoal entre usuarios e entre estes e o persoal da biblioteca será de polo menos 1,5 metros. Poderá ser dun metro cando se conte con elementos de protección ou barreira

Será obrigatorio o uso de máscara agás cando se permaneza sentado nun posto de lectura

Durante a lectura da prensa manterase posta a máscara en todo momento, agás os supostos excepcionados. Os usuarios/as deberá desinfectar as mans antes e despois do seu uso ou manipulación.

O lavado ou desinfeccións de más debe realizarse no acceso á Biblioteca, amais de antes e despois de manipular cada material de préstamo.

No caso de usar a sala de lectura ou un posto de acceso a ordenadores, cada usuario realizará a limpeza e a desinfección do posto de lectura (cadeira e mesa) empregado tras o seu uso ou do ordenador e posto de consulta utilizado, solicitando os produtos requiridos ao persoal da Biblioteca.

A capacidade máxima da Biblioteca establécese nun 75%

Establécese un sentido único de circulación dos usuarios no edificio, estando debidamente sinalizado

O ascensor só será empregado por persoas con mobilidade reducida.

Recoméndase non usar os aseos

 

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad