Alegan falta de transparencia por parte da Alcaldesa
O Grupo Municipal EU Son do Porriño – Son en Común pediu no Pleno do martes 30 de xuño a dimisión da actual Alcadesa. Consideran que ten que asumir a súa responsabilidade na xestión dos cartos públicos e das contratacións no Concello do Porriño.
A postura deste grupo é a mesma que na anterior lexislatura, e o motivo polo que non entraron no Goberno.
Este grupo alega en contra da Alcaldesa a súa falta de transparencia nas contas públicas e na xestión das contratacións.
Eu Son do Porriño considera, que Eva García de la Torre ten que asumir a responsabilidade política que lle corresponde e que outra persoa do seu grupo asuma a Alcadía. Hai que abordar xa o pago a proveedores pero desde a máis absoluta transparencia e consenso de todos os grupos políticos da Corporación Municipal. Consideran que a situación é límite e o Goberno ten que poñerse a traballar nuns orzamentos negociados coa oposición.