Redacción 04/07/2020

Os dous pavillóns do Polideportivo Municipal acollerán as probas da “ABAU” de alumnado do Porriño e Mos

Hoxe están a realizarse os preparativos para que as pistas dos dous pavillóns do Polideportivo Municipal acollan as probas da Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade (ABAU) de alumnos de cinco centros de Porriño e Mos. Os exames comezarán o vindeiro martes 7 de xullo, a partir das 8,30 horas da mañá e continuarán o mércores e o xoves.

“Debido a que o número de alumnos de Bacharelato inscritos supera os douscentos, a Universidade de Vigo solicitounos ao Concello utilizar os dous pavillóns para garantir o cumprimento dos protocolos de seguridade e prevención do Covid-19”, explicou Lourdes Moure, concelleira de Educación e Seguridade que levou as conversas coa UVI.

De tal xeito que no Pavillón nº 1 realizarán as probas da ABAU os alumnos dos Institutos de Ensino Secundario de Porriño, “Ribeira do Louro” e “Pino Manso”. E no Pavillón 2 farán os seus exames os alumnos do IES de Mos e dos colexios “Lar” e “Los Sauces”.

Os pupitres e cadeiras que están a instalarse como vemos nas imaxes son  trasladados dende o IES “Pino Manso”. Tanto o material a empregar para a realización dos exames coma os espazos a ocupar, serán obxeto dun protocolo diario de desinfección e limpeza. Tamén a Policía Local do Porriño colaborará a diario establecendo un perímetro de seguridade nos accesos ao Polideportivo Municipal, habilitando un circuito de entrada e saída para os vehículos que trasladen e recollan aos alumnos, segundo ten planificado o departamento que dirixe Lourdes Moure.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad