Redacción 02/07/2020

A veciñanza de Mos en situación de vulnerabilidade pode acudir ao departamento de Política Social para solicitar esta axuda.

 

O departamento municipal de Política Social do Concello de Mos informa á veciñanza mosense de que o persoal do departamento está á súa disposición para a tramitación da solicitude das tarxetas-moedeiro para as persoas e familias en situacións de vulnerabilidade económica pola crise do COVID-19. Estas axudas ofrécense a través do programa extraordinario froito do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Cruz Vermella Española en Galicia.

Estas van dirixidas á poboación en situación de vulnerabilidade de cara a cubrir as súas necesidades básicas en materia de alimentación, hixiene e farmacia. As tarxetas monedeiro cárganse con distintos importes en función do número de persoas integrantes da unidade familiar sendo a contía mensual de 150 euros para unha persoa, 200 para dúas e 300 para 3 ou máis persoas. As tarxetas irán cargándose, con periodicidade mensual, durante os 3 meses seguintes á súa entrega.

Con este programa a administración autonómica pretende ofrecerlles aos servizos sociais comunitarios municipais un recurso máis ao que poder derivar a demanda extraordinaria de servizos e prestacións que están a recibir a consecuencia da crise xerada polo COVID-19. As persoas beneficiarias deste programa serán aquelas que se atopen en situación de vulnerabilidade, ben porque carecen de ingresos efectivos ou ben porque os ingresos da unidade de convivencia non acadan o importe que lle correspondería en concepto de tramo persoal e familiar de RISGA, dacordo coas contías establecidas para o ingreso mínimo e os complementos familiares e que non son preceptoras de prestacións económicas regulares de periodicidade mensual.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad