Redacción 02/07/2020

O próximo sábado, 4 de xullo, o CSCD das Pedriñas, en Torroso, celebrará unha festa de temática Tropical na piscina do centro. O evento estará animado pola música en directo de Los Jinetes del Trópico.

 

A festa comezará ás 22:00 e terá lugar na piscina do devandito centro social e cultural, que permanecerá aberta até as 2:00. Os asistentes poderán gozar da actuación en directo de Los Jinetes del Trópico, un popular grupo monfortino que dende 2015 mestura elementos da música popular galega con estilos latinos como a cumbia ou o reggaeton. Sen dúbida, unha divertida proposta.

 

O evento será con entrada gratuíta para as persoas socias e de 5€ para as non socias. Esixirase o uso de tapabocas e o cumprimento da distancia de seguridade a todas as persoas asistentes, que poderán desfrutar dun amplísimo espazo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad