Redacción 02/07/2020

A partir do 6 de xullo Barro e Vigo acollerán catro itinerarios formativos de almacén, dinamización de actividades, socorrismo e limpeza.

 

A Deputación de Pontevedra retoma a partir do próximo luns, día 6 de xullo, os cursos presenciais do programa Labora 2020 que foron suspendidos debido á crise sanitaria da COVID. Deste xeito, Barro e Vigo reiniciarán catro itinerarios formativos entre os meses de xullo e outubro, nos que estaban a participar ao redor de 70 alumnas e alumnos.

En concreto, o luns 6 de xullo comeza en Barro o curso de “Actividades Auxiliares de almacén”, en horario de 9:00 a 14:00 horas ata o 1 de setembro. Tamén o día 6, en Vigo comezan dous itinerarios formativos, “Dinamización de Actividades de Tempo Libre Educativo Infantil e Xuvenil”, de 16:00 a 21:00 horas ata o 24 de setembro; e “Socorrismo en Instalacións Acuáticas”, de 9:00 a 14:00 horas ata o 13 de outubro. A finais de xullo, o día 22, en Vigo retómase o curso “Limpeza de Superficies e Mobiliario en Edificios e Locais”, en horario de 16:00 a 21:00 horas ata o 18 de setembro.

Labora 2020”, proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, está destinado á inserción das persoas máis vulnerables e ten por obxectivo mellorar a formación e a empregabilidade na provincia. A iniciativa está dirixida a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e que pertenzan a colectivos vulnerables (persoas desempregadas de longa duración, mozas e mozos menores de 30 anos, persoas maiores de 55 anos, persoas con diversidade funcional, inmigrantes, minorías étnicas ou comunidades marxinadas).

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad