Redacción 30/06/2020

O Concello de Salvaterra de Miño solicítalle a entidade bancaria ABANCA a urxente retirada do cobro das comisións aos seus clientes

O pasado día 19 de xuño Abanca cargou nas contas de moitos dos seus clientes 42 euros coma comisión de mantemento e 8 coma comisión de administración o que levantou a unha oleada de queixas de moitas persoas. As redes sociales se levantaron en armas contra a entidade bancaria tindando o cobro coma un acto de suma falta de tacto ante o momento económico, levando a moita a xente a incluso a exixirlle a devolución da cuantia do rescate bancario. A análisi do momento económico foi o que moveu o Concello de Salvaterra, que de man da sua Alcaldesa lle solicitou á sucursal de ABANCA no municipio, a través dun escrito, a retirada  das comisións e a reposición  das mesmas.

Ante a situación social e económica que se está producindo a consecuencia do COVID-19, o incremento de familias que son atendidas a través do departamento de Servizos Sociais e a situación de crise económica que se prevé nos próximos meses, entendemos dende esta Alcaldía que esa entidade debería solidarizarse coa situación que estamos a vivir e que con motivo das razóns sociais e económicas do momento se teña en conta a retirada e a reposición  desta comisión cobrada aos nosos veciños e veciñas.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad