Redacción 28/06/2020

O colectivo de vendedores zamoranos voltará a montar os seus postos no mercadillo ambulante do Porriño que polo tanto recuperará a plena normalidade

 

Despois dunha reunión solicitada polo colectivo na que expuseron que o motivo fora un problema interno entre eles por desacordos cos emplazamentos dos postos, chegouse ao acordo de que este martes 30 de xuño, volverán a instalarse.

Tres voceiros do colectivo acompañados por Luis León Salazar entrevistáronse cos concelleiros Sergio Casal, responsable de Comercio; David Alonso, de Servizos Sociais; e Lourdes Moure, de Seguridade.

Os voceiros do colectivo de ambulantes zamoranos amosaron plena disposición a colaborar co Concello nesta nova organización do mercado dos martes. Pola súa banda o concelleiro Sergio Casal agradeceu que o colectivo reconsiderase e volte ao mercadillo e reiterou que “a disposición do goberno municipal a manter vías de diálogo e entendemento con eles é permanente”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad