Redacción 28/06/2020

A Deputación de Pontevedra súmase á celebración do orgullo LGTB co izado da bandeira arcodavella

Por primeira vez na historia a entidade provincial lucirá as cores que identifican o movemento da tolerancia e respecto á igualdade de xénero

A bandeira lucirá como unha chamada de solidariedade, respecto, diversidade, tolerancia e igualdade ao colectivo LGTB á que o Goberno provincial quere sumarse nesta data de celebración festiva pero tamén reivindicativa. A presidenta, Carmela Silva, xunto o vicepresidente, César Mosquera, e acompañados por deputados e deputadas do Goberno provincial, colocarán a bandeira arcoiris, sobre as 13,30 horas, na balconada frontal da Deputación.

De feito, esta non é a primeira iniciativa que o Goberno de Carmela Silva ten feito sobre o colectivo. Desde o ano pasado ven desenvolvendo a mostra “Sorrisos transformadores”, un proxecto fotográfico para a visibilización do colectivo LGTB que levou a cabo a institución provincial en colaboración coa Asociación de Familiares con Menores Trans* ARELAS. Esta exposición, que vai dirixida ás e aos escolares principalmente, leva percorrendo varias localidades da provincia co fin de, por unha banda, prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e, pola outra, combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e identidades de xénero.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad