Redacción 26/06/2020

Mañá terá lugar a presentación do programa ás 12.00 h no salón de Plenos do Concello de O Porriño

 

 

A Concellería de Igualdade e a Oficina de Información Municipal Xuvenil -OMIX- anuncian a celebración, polo Concello do Porriño do “Día do Orgullo LGTBIQ+” durante esta fin de semana.

A edil municipal de Igualdade, Cami Moreira, explicou que “estamos moi orgullos@s de que o Concello do Porriño se sume á celebración do Día do Orgullo LGTBIQ+ para que, a igualdade de dereitos de tod@s os cidadáns, sexa cal fora a súa orientación afectiva e sexual ou identidade de xénero, sexa un compromiso de toda a sociedade”.

Os actos comezarán este sábado 27 ás 12.00 h, coa presentación do programa no que a alcaldesa do Porriño Eva García, presidirá a comparecencia que protagonizarán a concelleira Cami Moreira, o muralista “Doctoy” David Brey Vázquez -que iniciará unha obra na rampla que baixa á praza do Cristo- e o poeta Samuel Merino.

Este último recitará poesías este domingo 28 ás 20:00h, xunto con Silvia Penas e Arancha Nogueira; que estarán acompañados das actuacións musicais de Sanny Caster e Paraíso Canto -GabiReboredo, voz e percusións tradicionais; e Martiño Malleiro, acordeón cromático e clarinete-.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad