Esta semana tivo lugar unha comisión informativa municipal para dar conta dos puntos que se tratarán no próximo pleno municipal, que terá lugar o luns día 29 de xuño.
Debido á solicitude de apertura dun novo salón de xogos e apostas na parroquia de Sanguiñeda, e ante a enorme preocupación transmitida polos veciños, colectivos sociais, país e nais do concello, así como de toda a comunidades escolar, a corporación local acordou unánimemente redactar unha moción conxunta para expresar o total rexeitamento á apertura destes negocios. O Concello subliña que tal negocio se proxecta nun entorno urbano con supermercados e locais de gran afluencia continua e concretamente nas proximidades dun colexio así como dun parque infantil, sendo unha zona moi frecuentada maioritariamente por nenos e nenas, buscando con elo a máxima garantía da protección das persoas, en especial menores e colectivos vulnerables.
España é o país europeo con maior tasa de ludópatas entre os 14 e 21 anos, tal como subliña o Concello. Co continuo deterioro da situación socio-económica, ademáis, convertiuse nun dos principais motivos de preocupación para a sociedade, especialmente en barrios obreiros. Estando pendente esta nova apertura no Concello de Mos da correspondente solicitude de licenza de actividade e das comprobacións técnicas municipais necesarias, esta Corporación quere mostrar a súa oposición a apertura deste tipo de salóns.