A Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño insta ao Concello a retormar o control do estacionamento municipal nas rúas para para favorecer a movilidade e ao comercio
A Asociación de Comerciantes e Industriais de O Porriño -ACIPOR- e usuarios da Praza de Abastos fixeron público o luns un comunicado sobre a necesidade de impulsar canto antes retomar o uso e control da zona azul do Porriño como medio de dinamizar a movilidade local para favorecer o comercio local, tal e como xa se acordou fai máis de un mes.
O Comercio do Porriño urxe retomar o control da zona azul no casco urbano do Porriño acordado o día 11 de maio de 2020 entre o Concello do Porriño, o comercio porriñés a través da Asociación de Comerciantes Industriais do Porriño (ACIPOR) e usuarios da Praza de Abastos, nunha reunión mantida no Salón de Plenos onde tamén se atopaban concelleiros de diferentes concellarías e a alcaldesa Eva García de la Torre.
Retomar o control do uso da zona azul é unha medida necesaria para a dinamización e revitalización para o sector comercial, xa que axilizaría a movilidade nos aparcamentos máis próximos á zona comercial, nun momento no que despois de varios meses pechados polo confinamento, o comercio do Porriño está tentando voltar á habitualidade. Trátase dunha medida precisa para impulsar o comercio local tras á volta á normalidade, logo de superar a desescalada polo COVID-19 e que é urxente por en marcha.
A Directiva da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño -ACIPOR-, en representación do comercio local, fai deste xeito, un novo chamamento ao Concello para non demorar máis a posta en marcha desta medida, aprobada xa fai máis dun mes.