Trátase dun tramo de 20 metros que foi restaurado e recolocado polo Concello de Mos nunha zona verde xunto á glorieta das Angustias.
As obras de humanización e acondicionamiento do nó de Sanguiñeda, en Mos, deixaron ao descuberto un tramo de vinte metros de raís do trazado do antigo tranvía que uniu, fai case un século, Vigo con Porriño e do cal existiu un proxecto de ampliación ata Mondariz, a donde nunca chegou. O interior da glorieta das Angustias é o punto exacto de ubicación destes ferros que agora foron restaurados polo Concello e reinstalados nunha zona verde próxima ao lugar, acompañados dun monolito informativo, “para que a cidadanía poida contemplar este anaco de historia mosense e coñecelo máis en profundidade a través da lectura dun panel didáctico”, explicaba hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.
Dita obra foi realizada a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra, destinada á rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico – cultural dirixido aos concellos de Pontevedra. O tramo desta liña, impulsado polo empresario e médico Enrique Peinador e inaugurado en marzo de 1920, manténdose en funcionamento ata 1967, pasaba por outros puntos do municipio de Mos. Así, transcorría por Petelos, Tameiga, Dornelas e Peinador e, precisamente, o ramo atopado non é o único elemento patrimonial deste tranvía que se conserva no Concello xa que Mos é o único concello que conta con dous postes da catenaria desta antiga liña, un en Sanguiñeda e outro na Rans. Este último recuperouse fai uns anos e púxose en valor coa instalación, tamén, dun monolito informativo.