Redacción 22/06/2020

María Troncoso, directora e Laura Suárez, secretaría xeral do Centro Rexional da UNED en Pontevedra valoraron moi positivamente e ponderaron a idoneidade do local proposto polo Concello para establecer a aula delegada concedida ao Porriño.

As directivas da UNED reunironse hoxe con Eva García, alcaldesa e Lourdes Moure, concelleira de Educación, para tratar detalles da preparación do inmoble. Primeiro nunha reunión celebrada na Alcaldía e logo “in situ” no local, acompañados polo arquitecto Jesús Vieito, autor do proxecto e director da futura obra. A comitiva comprobou as características do inmoble de 260 metros cadrados adquirido na rúa Fernández López, nº 2 e trataron as especificacións que a UNED demanda para axeitar o inmoble ás exisencias requeribles para acoller os servizos docentes que se prestarán.

As directivas da Universidade a Distancia valoraron a ubicación do inmoble, as súas posibilidades e o feito de que estea ó carón do Centro Cultural Municipal e da Biblioteca que tamén visitaron.

A aula delegada para Porriño acollerá o curso de acceso á Universidade para maiores de 25 anos e tamén, como novidade, o curso de acceso senior, para maiores de 55 anos, segundo acordaron hoxe Concello e UNED.

As obras de axeitado do local para acoller as actividades educativas deberán acadar unha dotación económica no Orzamento Municipal, cunha previsión de gasto de 200.000 € aproximadamente.

Eva García de la Torre explicou que “a previsión é que as obras poidan acometerse no primeiro trimestre de 2021 para que a estrea da aula sexa no curso 2021/2022”.

A visita de hoxe está en consoancia coa vontade da UNED e do Concello do Porriño de materializar este proxecto. Lembramos que a finais de maio, o Centro Rexional da Universidade a Distancia de Pontevedra confirmou á alcaldesa Eva Garcia, a concesión ao Porriño desa aula delegada. A comunicación ratificou a concesión que xa databa de 2017 e eliminou as dúbidas que xurdiron debido a un cambio de persoas ao fronte dese Centro Rexional da UNED

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad