Redacción 19/06/2020

O Concello de Salvaterra de Miño informa das actuacións no centro de homoxeneización de cobertura de TDT de Pazos de Borbén

Para cumprir co proceso de liberación do segundo dividendo dixital, a Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións para realizar os cambios necesarios nos centros de homoxeneización de cobertura do sinal de TDT.

Informan que ditas actuacións realizaranse o próximo luns 22 de xuño  no centro de TDT de Pazos de Borbén. Este centro presta o servizo de difusión da TDT para parte da poboación do seu concello. O proceso consiste no apagamento neste centro das frecuencias de emisión actual do múltiple RGE1, e o acendido na nova frecuencia asignada:

  • Canle 24 (RGE1): TVE1, TVE1 HD, TVE2, TVE2 HD, Clan, 24H.

Para poder seguir desfrutando destas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura axeitada do devandito centro, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica – 881 866 388 – ou na web http://www.tdtgalicia.gal.​ A continuación, bastará con realizar unha busca das novas canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción.

De cara a facilitar a información aos veciños, anexamos as entidades de poboación do seu concello que, segundo os nosos cálculos de cobertura, teñen a este centro como mellor servidor e que se beneficiarán deste cambio:

 

Parroquia

Nome entidade

Habitantes

PORTO (SAN PAULO)

AMILES

20

SALVATERRA (SAN LOURENZO)

A PEDREIRA

55

SALVATERRA (SAN LOURENZO)

FERREIROS

65

SALVATERRA (SAN LOURENZO)

O OUTEIRO

32

SALVATERRA (SAN LOURENZO)

OS RAMALLÁS

27

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad