Redacción 18/06/2020

Ampliación do IES Salvaterra de Miño 

O Concello de Salvaterra de Miño acolle con satisfacción a inversión   de 583.046,30 euros aprobada no Consello da Xunta o pasado 12 de xuño. Este investimento está destinado á  ampliación do IES Salvaterra para a dotación dos talleres de ciclo formativo demandados tanto pola comunidade educativa  como polo propio Concello dende hai varios anos.

Con esta obra permitirase realizar dentro do propio centro as prácticas do alumnado, que neste momento están realizando nunha nave ubicada no Polígono Industrial Chan da Ponte e que financia o propio Concello, co fin de que os alumnos e alumnas poidan seguir realizando os seus estudos. Estas obras estarán licitadas ao longo do mes de xuño e a execución das mesmas compatibilizaríase co curso escolar 2020/2021, cunha previsión de remate antes de fin de ano 

Ademais a pasada semana, nunha visita realizada ao municipio, o Xefe Territorial de Educación mostrou o seu compromiso firme para realizar neste verán as obras de acondicionamento da sede do CRA A Lagoa e a ampliación do patio cuberto no Infante Felipe, obras que quedaron pendentes a consecuencia do parón provocado polo COVID-19.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad