Redacción 16/06/2020

As persoas que accedan aos mesmos rompendo os precintos poderán ser sancionados pola Policía Local

 

 

Os Parques Infantís de Tui permanecen pechados e precintados polo que non se pode acceder aos mesmos.

A nova normalidade que estreamos onte permitía a apertura dos Parques Infantís, pero o Concello de Tui acordou polo momento non autorizar o uso destas instalacións dado que non se poden cumprir as condicións sanitarias establecidas. Nos próximos días instalaranse columnas de hidroxel e cartelería coa normativa nos accesos aos parques máis frecuentados, pero o control de aforos e a desinfección que tería que levarse a cabo non é asumible para o Concello. Así o explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalando que “a competencia de reapertura é municipal pero fixanse uns criterios de índole sanitaria que cumprilos por parte dos concellos é sumamente difícil e suporían un custe inasumible”.

Dende o Concello tense constatado que no día de onte houbo persoas que romperon os precintos existentes e accederon a estas instalacións, unha conducta que poderá ser sancionada pola Policía Local, xa que polo momento non se poden usar. Insistía Enrique Cabaleiro que “seguimos nunha situación de alerta sanitaria, debemos extremar as precaucións” e até que o concello entenda “que non se dan as condicións necesarias ou os parques non dispoñen dos elementos precisos para a súa utilización non se poden nin se deben empregar”. Nese senso dicía o rexedor tudense que van ser estritos e levarase a cabo unha vixilancia constante e permanente dos parques. Neste momento a actuación municipal débese guiar pola prudencia e a do conxunto dos veciños a responsabilidade, apunta o alcalde de Tui.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad