É a cifra no momento actual de reproduccións das intervencións do pregoeiro, Ángel Pichel, retransmitidas en directo ás 12.00 horas do pasado sábado 13 de xuño, Día da Rosa.
O Pregón a cargo de Ángel Pichel, Xefe de Urxencias do Hospital A. Cunqueiro, seguido da intervención da alcaldesa, Nidia Arévalo, que tivo lugar o pasado sábado 13 de xuño, ‘Día da Rosa’, ás 12.00 horas, e foi retransmitido en directo a través da páxina de Facebook do Concello de Mos, logrou, ata o momento actual, un total de 5.327 visualizacións, 8.346 persoas alcanzadas e 1.986 interaccións. Cifras récord de repercusión nas redes sociais municipais.
Durante as súas intervencións Pregoeiro e alcaldesa estiveron acompañados no salón de sesións da Casa Consistorial polo Xefe da Policía Local de Mos, Gerardo Álvarez Reguero, que asistiu ao acto en representación de todos os traballadores e traballadores que integran a plantilla de persoal municipal. Pichel, pregoeiro deste ano, foi elixido en recoñecemento municipal a todo o sector sanitario durante a crise do COVID-19.