Redacción 16/06/2020

 O mercado ambulante volta o martes 23 de Xuño

Sergio Casal, concelleiro de Mercados e representantes do sector de vendedores acordaron hoxe que o mercado ambulante do Porriño reanudarase o vindeiro martes 23 de xuño. O mercado ambulante non se celebra dende a declaración do estado de alarma.

Haberá unha nova distribución de espazos. Concelleiro e ambulantes acordaron que os postos de venta só sexan montados nun lateral da rúa. Cada posto ocupará un máximo de 6 metros lineais e haberá unha distancia de 2 metros co seguinte. O primeiro posto será montado á altura do establecemento “Colleo con pinzas” e seguirán por orde colocándose cara ao Concello.

Os postos de venda de productos alimentarios e prantas instalaranse na rotonda de San Sebastián. 

Para garantir que o mercado ambulante funcione con normalidade, a rúa Pío XII estará cortada ao tráfico rodado.

No que atinxe á limpeza, cada ambulante comprometese a recoller en sacos e bolsas o lixo que se produza no seu posto. E, ademais, en todos os postos de venda haberá xel hidroalcólico e será obrigatorio o emprego de máscaras de protección.

Non obstante, concelleiros e representantes dos ambulantes volverán reunirse o vindeiro mércores para rematar detalles.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad