O galardoado cantante e transformista inicia un novo proxecto chamado Hula Hoop, que inclúe unha ampla variedade de posibilidades de entretenemento infantil.
O coñecido artista escolleu a rede social Facebook para anunciar onte o lanzamento do seu proxecto Hula Hoop, que ofrece unha grande gama de servizos orientados á animación infantil en eventos, como aniversarios, comunións, bodas ou bautizos, e festividades como o entroido, nadal ou celebracións locais. Define o seu proxecto como “unha empresa multidisciplinar” e personalizable, que promove a interacción cos nenos mediante cancións, xogos populares, coreografías, maquillaxe, xogos, inchables ou mascotas.