Redacción 12/06/2020

O número de habitantes incrementouse durante o Estado de Alarma

 

O Concello do Porriño medrou en 136 habitantes durante o período comprendido entre o 13 de marzo e o 12 de xuño, data da última actualización do padrón municipal.

Neste período rexistráronse no Porriño 35 nacementos e 101 cambios de residencia.

A alcaldesa Eva García valorou “con sorpresa” que O Porriño “presente estes datos de crecemento de poboación, nun espazo tan curto de tempo”.

A rexidora porriñesa manifestou que “debemos estar orgullosos de que a nosa poboación medre dun xeito tan significativo”. Eva García engadiu que “moitas persoas consideren que O Porriño é un lugar axeitado para residir, supón o recoñecemento a que o noso concello é unha alternativa residencial á gran urbe que é Vigo e que, polo tanto, podemos prestar servizos de moi boa calidade e ser unha cidade que estea pensada para os cidadás”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad