Máis de 30 establecementos adheriranse á plataforma de venta online de DBarrio, promovida polo Concello de Salvaterra para promocionar o comercio local.
Na tarde de onte a Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, mantivo unha reunión cos presidentes das Asociacións de Comerciantes do municipio e o representante da plataforma de venta online a domicilio DBARRIO, co fin de definir os pasos e as fases para por en marcha esta plataforma, unha vez feita a primeira ronda de contacto co comercio local.
Na primeira fase o que se fixo por parte do Concello e das Asociacións foi dar publicidade da iniciativa e pórse en contacto cos diferentes establecementos, que recibiron moi ben esta iniciativa, xa que inicialmente a plataforma vai a arrancar con máis de 30 locais adheridos.
Nos próximos días, os representantes da plataforma tratarán directamente en contacto cos establecementos para empezar a subir todos os datos. Paralelamente irase traballando na campaña publicitaria para lanzar esta iniciativa, contando pola en marcha nun par de semanas.
Esta iniciativa, xunto a entrega de material de desinfección e protección aos comercios englóbase dentro da campaña de apoio e promoción do pequeno comercio que está realizando o Concello de Salvaterra de Miño.