Redacción 11/06/2020

O Goberno Municipal espera poder sumarse ao Centro de Acollida e Protección de Animais Abandonados,  que suporía ademáis un importante aforro para o Concello

 

 

O goberno municipal levará á consideración do pleno da corporación local, a adhesión do Concello do Porriño ao Servizo Provincial de Acollida de Animais Abandonados, dependente da Deputación de Pontevedra.

A proposta que realiza Sergio Casal, concelleiro responsable de Medio Ambiente, “suporía un importante aforro de cartos e de esforzos considerables para o Concello do Porriño que, ata o de agora, ten que afrontar con medios propios e pagando a terceiros, estes servizos”, manifestou o edil. 

O custe de adhesión do Concello do Porriño ao Servizo Provincial, establecido en 0,40 céntimos por habitante, sería de aproximadamente 8.000 € anuais. A cambio o Concello tería resolta a recollida de animais abandoados e vagabundos (cans e gatos) todos os días do ano, así como a localización dos propietarios e a entrega do animal, e no caso contrario, o mantenemento e coidado do animal nas instalacións de “CAAN” na Armenteira (Meis), ata que sexa dado en adopción.

A empresa pública “Tragsatec, é a encargada pola Deputación da xestión do CAAN-Centro de Acollida e Protección de Animais Abandoados-, que dende2014 ,primeiro ano de funcionamento do centro, tramitaron 1.900 adopcións de animais abandoados.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad