Redacción 09/06/2020

O Concello e panadeiros do Porriño valoraron realizar unha mostra en Outubro e otras acción promocionais

Goberno municipal e panadeiros do Porriño valoraron hoxe a posibilidade de realizar no mes de outubro, unha Mostra do Pan que palíe a suspensión da quinta Feira anual, cancelada pola pandemia do Covid-19.

A mostra tería lugar nun único día, probablemente un domingo, nun recinto pechado que podería ser o Pavillón Municipal, o que permitiría establecer controis de acceso e un circuito de percorrido de entrada e de saída para facer cumprir a garantías sanitarias que se establezan para entón..

Esta posibilidade valoruse na reunión que Camila Moreira, concelleira de Cultura e Festas e Sergio Casal, concelleiro de Comecio mantiveron cos representantes do sector de panadeiros do Porriño, acompañados por Noelia Conde, xerente da asociación empresarial ACIPOR. Acudiron Luis Miguel Iglesias, de “A Maquía”; José Manuel Fernández, de “O Forno de Mosende”

En vindeiras semanas, ambas partes madurarán esta e outras posibilidades de colaboración. Entre elas, acordouse que a Concelleira de Cultura dea un pulo ao selo “Pan do Porriño” que está actualmente en proceso de certificación. Sería con accións promocionais que incluan “algún tipo de exposición referida por exemplo á historia dos fornos de pan na vila”, manifestou Camila Moreira, ao termo da reunión. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad