A plataforma chámase “Quédate en Mos. Todo ao teu alcance” e estará operativa a partir de mañá. O obxectivo é animar aos veciños do Concello a consumir nas empresas locais.
Coa idea de axudar aos negocios do municipio a recuperarse da delicada situación derivada da crise sanitaria, o goberno local pon a disposición destes unha plataforma que mostra un listado con información como contacto, horario, enderezo ou servizos. Será unha sección da páxina web do Concello (www.mos.es) que estará disponible mañá e que conta xa con case 300 negocios na lista.
Os primeiros negocios en aparecer no portal “Quédate en Mos” e que comezarán a promocionarse a partir de mañá son os vinculados aos subministros e servizos básicos como alimentación, perruquería, ximnasios, floristerías, ferreterías, agros, téxtil, etc. A vindeira semana incorporaranse os negocios locais relativos a oficios e servizos de construcción e mantemento como fontanería, carpintería, construcción, viveiros, ou maioristas. A plataforma diferenciará os negocios por categoría, e conta tamén cun apartado para que todo o que queira estar presente na mesma e aínda non o estea poida poñerse en contacto coa Axencia de Colocación de Mos e participar nesta iniciativa na que o número de integrantes está aberto e poden ir aumentando respecto dos agora existentes.