
ACTUALIZACIÓN: DESCONVOCOUSE POR MOR DUN ERRO DE INTERPRETACIÓN DO CALENDARIO FIXADO POLA XUNTA ELECTORAL
O Concello porriñés celebrará mañá venres sesión plenaria presencial para a elección dos membros das mesas para as Elección Autonómicas do vindeiro 12 de xullo
O Concello do Porriño convocou, para mañá venres ás 13.00 h, Pleno Extraordinario da Corporación Municipal para realizar o sorteo dos veciños que serán membros das mesas electorais para os comicios galegos do vindeiro 12 de xullo.
Dado que se trata dunha sesión moi breve consistente en accionar o procedemento informático para o sorteo que se realiza automáticamente, determinouse que a sesión plenaria sexa presencial, xa que non é precisa a presenza da maioría dos corporativos.
Dase a circunstancia de que o pasado 6 de marzo, noutro pleno extraordinario xa se celebrara este sorteo. Pero entón, a desconvocatoria das eleccións inicialmente datadas para o 5 de abril, obriga a repetir mañá o proceso.