Redacción 04/06/2020

O obxectivo deste programa municipal de Atención Temperá é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.

 

O Concello infourmou esta mañá, trala 14ª reunión da Comisión de Seguemento da Evolución do COVID-19 en Mos, do plan de reinicio do servizo de Atención Temperá que se desenvolvía nas instalacións da ludoteca de Louredo (antigas Ecolas Unitarias) por parte de Aceesca, que se interrompeu por mor da crise sanitaria do coronavirus. 

A reanudación do servizo está prevista para o vindeiro 15 de xuño e o anuncio da mesma coincide coa recepción por parte do Concello da resolución favorable da concesión da subvención autonómica de preto de 100.000 euos para a prestación deste servizo municipal. A axuda concedida pola Xunta de Galicia para o Desenvolvemento deste programa durante o presente ano 2020 ascende a 99.110,70 euros e o Concello de Mos asume un 10% do custe total anual do servizo. Esta axuda enmárcase nas subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede Galega da Aención Temperá cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

 

Para coordinar a reapertura de cara ao vindeiro 15 de xuño, a semana que ven comezarase a chamar por teléfono ás familias dos 46 nenos e nenas mosenses que actualmente se benefician do servizo para darlles cita. As nenas e nenos que acoden a este centro melloran a súa autonomía e calidade de vida grazas a un asesoramento individualizado e adaptado ás súas necesidades. Neste sentido, existe tamén unha gran implicación de traballadores e responsables de Aceesca para que así sexa.

O pasado 24 de febreiro a conselleira de Política Social, Fabiola García, visitaba acompañada pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, a unidade de atención temperá do Concello de Mos, e destacaba a importante labor que realizan os seus profesionais para axudar ás familias deste municipio e da súa contorna.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad