Redacción 03/06/2020

Estas máscaras de protección contra o COVID-19 son unha doazón anunciada o pasado mes de abril polo Concello e unha empresa de Mos. A partir de hoxe comezarán a chegar ás casas de 2.000 cativos mosenses.

 

O Concello procedeu onte a enviar por correo postal un total de 2.000 máscaras de protección, de tipo FFP2, que protexen ao portador de contaxiar e ser contaxiado, aos nenos de entre 3 e 14 anos do municipio. Estas máscaras, tras ser anunciado o seu repartimento para o 4 de maio, foron extraviadas por causa de atrancos burocráticos e tensións no mercado internacional, segundo fontes do Concello e da empresa. Finalmente, onte foron recollidas polo Concello, e empezarán a ser entregadas nos domicilios a partir de hoxe.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad