Redacción 02/06/2020

Como reacción ao aumento dos casos de violencia machista durante o confinamento, o Concello anuncia unha iniciativa coa que pretende alentar a toda a poboación mosense a denunciar o maltrato, tanto no caso daquelas mulleres que o estean a sufrir, como no caso de calquera persoa que sexa coñecedora dun caso.

 

O programa será xestionado polo departamento de Política Social e o Centro de Información á Muller. Os teléfonos do CIM son 986 337 278 e 673 069 866, e as persoas que o precisen poderán recibir apoio psicolóxico os luns e mércores, de 9:00h a 14:00h, e asesoramento xurídico os martes e venres de mañá (de 9:00h a 14:00h) e xoves pola tarde (de 15:00h a 20:30h).

Esta campaña é posta en marcha ao incrementárense durante o confinamento decretado polo estado de alarma as situacións de violencia que sufen as mulleres. Ademáis, dende o Concello salientan como factor de vulnerabilidade o feito de que os traballos de coidados adoiten tamén recaer, e máis durante a crise sanitaria, nas mulleres.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad